Pedazo reboot lle fixeron a saga de Tomb Raider. Temos unha Lara Croft, nova, sen experiencia e na que se vai enfrontar a todos sen importar quen sexa para poder sobrevivir. Encantoume o videoxogo, xa xogará a versión Survival en Steam no 2020.
Cousas que me gustaron:
- O número de coleccionables é o adecuado e está bastante ben atopalos. Polo menos ten a recompensa de que che dan experiencia.
- A historia está ben.
- Lara vai evolucionando durante a partida.
- A curiosidade do videoxogador é recompensada con experiencia para obter habilidades ou restos para mellorar as armas.
- O parkour, a pesar de que che indican con paredes brancas por onde tes que ir ou podes subir, está chulo. Polo menos non está automatizado.

Erros que me saíron durante a miña partida: fallos de texturas, fallos de físicas e lugares onde Lara se podía agarrar perfectamente, non se agarraba de maneira correcta, escenas onde a linguaxe non se correspondía co movemento da boca dos personaxes. Non entendo tampouco que haxa tantos DLCs que o unico que son para sacar cartos aos xogadores sen aportar nada ( e si unha skin o unha tumba non aporta nada, so é para alongar o xogo o para ver con outra roupa a Lara)
Esa é a miña review deste videoxogo.
Recomendo ? Si, absolutamente.

Reviewed on Feb 27, 2022


Comments